Friday 03 de May de 2024

Galicia e o norte de Portugal centrarán os seus esforzos en 2015 en avanzar na captación de novos fondos europeos


O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, reuniuse co presidente da Comisión de Coordinación e Desenvolvemento Rexional do Norte, Emídio Gomes

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, mantivo hoxe unha reunión co presidente da Comisión de Coordinación e Desenvolvemento Rexional do Norte, Emídio Gomes, para analizar o plan de traballo da Comunidade de Traballo Galicia-Norte de Portugal para o ano 2015.

Rueda destacou que de cara o ano que vén o obxectivo fundamental seguirá a ser a captación de fondos europeos ao longo deste novo período orzamentario da UE e seguir plantexando actuacións conxuntan de carácter estrutural para ambos lados. Para iso, continuou, é necesario reforzar os proxectos de colaboración entre ambas rexións a través da AECT, brazo executor da Comunidade de Traballo Galicia-Norte de Portugal.

Con ese obxectivo fundamental a Comunidade de Traballo revitalizar o seu traballo e actualizar a composición das súas comisións sectoriais, de acordo co contido do PIC 2014-2010, o primeiro plan de investimentos conxuntos transfronteirizo na UE, que traslada a cooperación interrexional ao mesmo punto de arranque do proceso de programación.

Deste xeito, en canto se aprobe o Programa Intereg 14-20 estas comisións estarán listas e operativas para preparar os proxectos que se presentarán á primeira convocatoria deste programa de cooperación transfronteiriza entre España e Portugal. As comisións responden aos principios da Estratexia Europa 2020 e son catro: desenvolvemento sostible; innovación; desenvolvemento económico e turismo; e cidadanía.

Importante impulso da AECT en 2014
Ademais, de analizar o vindeiro curso, Rueda e Gomes destacaron o impulso que recibiu a AECT en 2014, con importantes fitos como o Programa de cooperación interuniversitaria ‘Iacobus’ ou a celebración do primeiro Job Day, unha xornada de impulso ao emprego que este ano celebrouse en Tui centrada nas metalúrxicas.

Ademais, durante este ano propiciáronse encontros sectoriais en eidos como os camiños de Santiago, recollida de lixo, homologación de títulos de FP, o deporte, a saúde, o medio ambiente ou as industrias téxtil e metalúrxica, entre outros. Recentemente, a AECT puxo en marcha o Gabinete de Información da Eurorrexión, unha plataforma online de colaboración a todos os niveis.